sábado, 30 de junio de 2018
lunes, 25 de junio de 2018
jueves, 21 de junio de 2018
miércoles, 20 de junio de 2018
viernes, 15 de junio de 2018
jueves, 7 de junio de 2018
miércoles, 6 de junio de 2018
Hora de ler!
Onte, de novo lle tocou o turno a Diego. Desta vez trouxo un conto titulado Dragón 2 que está baseado na súa película homónima. Estaremos lendo durante esta semana.
viernes, 1 de junio de 2018
Hora de ler!!
Onte, tocoulle o turno a Paula que nos trouxo un libro sobre bruxas titulado La Bruja Mon. Conta as aventuras de esta bruxa polo mundo a diante. Paula está lendo tan rápido que hoxe case o rematamos.
jueves, 31 de mayo de 2018
miércoles, 30 de mayo de 2018
Na incubadora hai un pitiño!
Como ben sabedes, durante estas semanas, hai unha incubadora no cole que contén ovos. Bueno, contiña porque un deles xa non é ovo se non que é un pitiño!!!
E durante hoxe, mañá e pasado mañá é probable que todos o sexan...Hai que estar atentos!!
martes, 29 de mayo de 2018
Hora de ler!
Hoxe tocoulle o turno a Daniel, que nos trouxo un libro moi divertido sobre un troglodita e como se converte en vexetariano. Foi tan divertido e curto que hoxe xa o rematou de contar.
martes, 15 de mayo de 2018
Carteis Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno
Carteis do día das letras galegas que este ano se lle adica a escritora María Victoria Moreno, que poderedes consultar no hall do cole (ao lado da secretaría).
Traballos de plástica!
Velaquí uns traballos realizados o día de hoxe, desmontrando a nosa creatividade, que nalgúns casos rebosa.
martes, 8 de mayo de 2018
Hora de ler!
Hoxe, tocoulle o turno de ler a Sandra (creo que é a primeira vez) e trouxo un conto un tanto misterioso pero á vez divertido, ou eso parece. O título é : BRUJAS. A ver que nos deparará durante estes días...
viernes, 4 de mayo de 2018
O ciclo da auga
Unha vez acabada a experiencia de observar como medraba unha planta con luz e sen ela; agora toca observar o que sucede coa auga. Xa coñecemos en que estados podemos atopar a auga (líquida, xeada ou vapor). Pero non coñecemos como se rexenera constantemente. Con estas pequenas bolsas (grazas a Alba) poderemos observar o que sucede co ciclo da auga.
Paso IV: A comparación final
Pois, aquí está a planta que naceu sen luz. Ao principio, pensamos que non ía a nacer porque non tería luz, e menuda sorpresa. Foi, de todas as plantas, a que máis medrou. Pero...hai unha cousa. Non é igual. Faltalle esa cor verde que as outras si teñen. Un efecto de vivir na escuridade durante estas 3 semanas.
jueves, 3 de mayo de 2018
Paso III: A recollida.
Chegou o momento de rematar co experimento. A intención inicial era de observar o que ocorría se unha planta nacía e medraba con luz, e outra sen luz. Hoxe, recollemos os froitos das plantas que naceron con todas as comodidades posibles (luz, auga e terra). Pero que pasaría coa planta que non tivo destas comodiades? Saberémolo en breve...
lunes, 30 de abril de 2018
jueves, 26 de abril de 2018
Hora de ler!
Hoxe, na hora de ler tocoulle o turno de Anxo, que nos trouxo un libro moi curioso que trata sobre un Oso. O seu título é: Oso atrapabolboretas. Que aventuras lle acontecerán? Saberémolo durante estes días...
martes, 24 de abril de 2018
Paso II: As plantas.
As plantas, que cultivamos fai unhas semanas, xa están metidas en terra e podemos velas medrar cada día máis. Pero o experimento está en que unha delas está encerrada no armario. Como estará?
lunes, 23 de abril de 2018
Celebrando o día do libro!
Hoxe, para celebrar o día do libro, @s alumn@s de 2º A viñeron a visitarnos, dándonos unha sorpresa. Crearon unha breve obra de teatro que nos representaron con moito cariño para nós.
jueves, 19 de abril de 2018
miércoles, 18 de abril de 2018
Ensinando cousiñas II...
Como estamos a estudar e traballar cousas das plantas, pois Daniel ocorreuselle traer a súa planta e ensinala. Incluso traía un viaxeiro con ela ( un cempés).
lunes, 16 de abril de 2018
viernes, 13 de abril de 2018
Plantas: paso I, o nacemento.
Comezamos, cun vaso de plástico, algodón e unha semilla intentaremos observar co paso dos días como vai evoluciónando o proceso da vida dunha planta. A ver se temos sorte e nos medran todas.
jueves, 12 de abril de 2018
Hora de ler!
Hoxe foi o turno de Diego, que nos agasalla coa historia de Bat Pat, unha serie de libros que teñen en común un protagonista (un pequeno morcego). Neste caso o capítulo de hoxe e durante estes días é: El tesoro del cementerio.
martes, 10 de abril de 2018
Ensinando cousiñas...
Hoxe Sabela trouxonos uns dipticos con información sobre a viaxe que fixo este fin de semana, entre outas, visitou unhas covas moi chulas na provincia de León. Xa sabedes, se podedes, ide a visitalas.
Alba, tamén nos trouxo algo para ensinar. Neste caso foi unha bolboreta que traía metida nun tarro, para conservala en perfecto estado. Quedamos abraiados!!
viernes, 6 de abril de 2018
Hora de ler!
Hoxe. Alba trouxo un conto moi interesante para contarnos. O seu título é: Topito Terremoto. Seguro que algún de nós pode identificarse con el.
jueves, 5 de abril de 2018
miércoles, 4 de abril de 2018
Navegando entre papel e contos...
Hoxe tivemos sesión de contacontos na biblio. Veunos visitar Nerea, e a presentarnos historias sobre María Victoria Moreno, escritora a que se lle dedica este ano, o día das letras galegas, e dramatizando breves contos da escritora: Navegando entre papel e contos.
viernes, 23 de marzo de 2018
miércoles, 21 de marzo de 2018
Hora de ler!
Hoxe, Mila trouxonos outro conto para lernos. Desta vez foi unha historia un pouco estrana, o título é: Confundindo historias.
martes, 20 de marzo de 2018
martes, 13 de marzo de 2018
Hora de ler!
Hoxe tocoulle o turno a Diego que nos trouxo o conto titulado: Aprender a decir que no. Xa sabedes que estará contando durantes estos días.
jueves, 8 de marzo de 2018
martes, 6 de marzo de 2018
miércoles, 28 de febrero de 2018
Imos ao teatro: Garbanzito en la barriga del buey
Hoxe visitamos o auditorio de Abanca para ver unha obra de monicreques (titiriteiros) chegados do sur de España. Garbanzito en la barriga del buey foi a obra que podedes ver premento no nome da obra.
Deixo tamén o video da obra:
martes, 27 de febrero de 2018
miércoles, 21 de febrero de 2018
martes, 20 de febrero de 2018
viernes, 9 de febrero de 2018
Hora de ler!
Hoxe, logo de todas as actuacións do entroido no cole, para relaxarnos un pouco, Noa trouxonos un libro sobre dinosaurios. Onde nos conta moitas cousas sobre eles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)