miércoles, 30 de mayo de 2018

Na incubadora hai un pitiño!


Como ben sabedes, durante estas semanas, hai unha incubadora no cole que contén ovos. Bueno, contiña porque un deles xa non é ovo se non que é un pitiño!!! 
E durante hoxe, mañá e pasado mañá é probable que todos o sexan...Hai que estar atentos!!

martes, 29 de mayo de 2018

Hora de ler!


Hoxe tocoulle o turno a Daniel, que nos trouxo un libro moi divertido sobre un troglodita e como se converte en vexetariano. Foi tan divertido e curto que hoxe xa o rematou de contar. 

martes, 8 de mayo de 2018

Hora de ler!


Hoxe, tocoulle o turno de ler a Sandra (creo que é a primeira vez) e trouxo un conto un tanto misterioso pero á vez divertido, ou eso parece. O título é : BRUJAS.  A ver que nos deparará durante estes días...

viernes, 4 de mayo de 2018

O ciclo da auga



Unha vez acabada a experiencia de observar como medraba unha planta con luz e sen ela; agora toca observar o que sucede coa auga. Xa coñecemos en que estados podemos atopar a auga (líquida, xeada ou vapor). Pero non coñecemos como se rexenera constantemente. Con estas pequenas bolsas (grazas a Alba) poderemos observar o que sucede co ciclo da auga. 

Paso IV: A comparación final


Pois, aquí está a planta que naceu sen luz. Ao principio, pensamos que non ía a nacer porque non tería luz, e menuda sorpresa. Foi, de todas as plantas, a que máis medrou. Pero...hai unha cousa. Non é igual. Faltalle esa cor verde que as outras si teñen. Un efecto de vivir na escuridade durante estas 3 semanas.




jueves, 3 de mayo de 2018

Paso III: A recollida.


Chegou o momento de rematar co experimento. A intención inicial era de observar o que ocorría se unha planta nacía e medraba con luz, e outra sen luz. Hoxe, recollemos os froitos das plantas que naceron con todas as comodidades posibles (luz, auga e terra). Pero que pasaría coa planta que non tivo destas comodiades? Saberémolo en breve...